lunes, 12 de marzo de 2012

APUNTES DA ENERXÍA (5ºPRIMARIA-COÑECEMENTO DO MEDIO)

TEMA  VIII   A ENERXÍA  E OS CAMBIOS

PREGUNTAS

1-Que é  a enerxía?
É a capacidade que teñen as cousas ou os seres vivos para producir cambios.
2-Pon catro exemplos nos que utilicemos na vida diaria algún tipo de enerxía.
Para movernos,para pensar, para respirar, para xogar, para pensar, para crecer…Esta enerxía a proporcionan os alimentos.
3-Por que son importantes os alimentos para o ser humán?
Porque nos proporcionan enerxía.Canto máis calorías teña un alimento máis enerxía nos proporciona.
4-Clases de enerxía
Enerxía eléctrica: é a que proporciona a corrente eléctrica. É a máis utilizada.
Enerxía cinética: é a que ten calquer corpo en movemento.
Enerxía química: é a que conteñen os alimentos e a gasolina.
Enerxía calorifíca: é a enerxía que teñen os corpos quentes.
Enerxía luminosa: é a enerxía que producen alguns corpos como o sol ou unha bombilla encendida.
Enerxía nuclear: é a que se libera expontanea ou artificialmente nas reaccións nucleares.
5-Completa  que tipo de enerxía utilizamos  en cada un dos seguintes casos:
-Unha estufa encendida:  E. calorífica
-Un coche en movemento: E. cinética
-Una aspiradora: E.electrica
-Unha lámpada encendida: E. luminosa
-Un neno come un bocadillo: E. química

6-Que son as fontes de enerxía?
É todo aquilo do que podemos obter enerxía a través dos distintos recursos naturais.

7-Que son as fontes de enerxía renovables  Cita dous exemplos.
Son as que non se poden esgotar  a pesar de que se usen; porque se rexenerán constantemente. Non son contaminantes.
Exemplo: enerxía solar (sol), enerxía hidráulica(auga),eólica(viento)…
8-Que son as fontes de enerxía non renovables? Cita dous exemplos.
Son as que  se poden  esgotár porque se consomen en menos tempo  do que dura a súa rexeneración. Sí son contaminantes.
Exemplos : combustibles 2fósiles como o petróleo, o carbón, o gas natural,substancias radioactivas…
9-Di que fonte de enerxía utilizan para producir electricidade:
a)Unha central hidroeléctrica: Auga en movemento.
b)As placas solares: O sol (proporciona luz e calor).
c)Unha central térmica: Combustibles.
d)Os xeradores eólicos :  Vento.
e)Unha central nuclear: Substancias radioactivas.
10- Explica os problemas que producen o uso da enerxía polo ser humano.
-Contamina a atmosfera.
-Produce residuos perigosos.
- Mareas negras.
- Afean a paisaxe e alteran os ecosistemas.
- Prexudican os ecosistemas dos ríos e os encoros das centrais hidroeléctricas.
11.- Cita consellos para aforrar enerxía.
- Apagar as luces e os aparatos eléctricos que non se utilizan.
- Utilizar transportes colectivos en vez de individuais.
-Ahorrar auga: ducharse en vez de bañarse, cerrala billa ó lavalos dentes…

No hay comentarios:

Publicar un comentario