martes, 16 de abril de 2013

Proxecto: O Traxe Tradicional



Ao longo deste último trimestre imos facer un novo proxecto adicado ao traxe tradicional galego. Constará de varias fases: na primeira os alumnos buscarán información sobre as distintas prendas, despois definiremolas, faremos unha serie de cartaces, procuraremos prendas e imaxes e finalmente gravaremos un video explicativo … Como vedes temos moito que facer e traballar!!!

E para non perder máis tempo:
 

 
Traxe Feminino
Traxe Masculino
Cabeza
Bonete, pano de cabeza, cofia, manteleta
Pano da cabeza, pucho, monteira, sombreiro
Pezas Superiores
Camisa, xustillo, corpiño, dengue, chambra, pano de oito puntas,
Camisa, chaleco, chaqueta
Pezas Inferiores
Saia, refaixo, medias, pololos, enagua, mantelo, mandil
Calzón, cirolas, polainas, pantalóns, medias
Calzado
Zapatos, escarpíns, zocas, zocos ou tamancos
Zapatos, tamancos ou zocas
Outras Pezas
Pano de man, faldriqueira, saio, xoias (arracadas, sapos e figas)
Faixa de lá, saio, vara ou moca, coroza, pano de peto

2 comentarios:

  1. Noemi hai moito q facer con isto,hay a xente q lle mandaches duas cousas como a min pero e porque en unha de elas non aparece o non a atopas porque e moi difícil creo,bueno a o que iva.. isto e un proxento genial e moi entretenido e aparte moi galego!!!;)

    ResponderEliminar
  2. que ganas tengo de acabar este proxenco para ver como nos quedo aparte as fichas eran moi divertidas espero que o ano que ven podamos facer algo divertido como esto esque es genial este proxeto :)noemi te queremos mucho eres genial y divertida aunq gritas un poco

    ResponderEliminar